Docente do Departamento de Ciencias da Comunicación, a profesor Rodríguez Vázquez foi elixida nova decana nun proceso electoral celebrado o pasado mes de maio

A profesora Ana Isabel Rodríguez Vázquez tomará posesión do seu cargo decana da Facultade de Ciencias da Comunicación o mércores 13 nunha sesión protocolaria que presidirá o reitor Antonio López a partir das 13.30 horas no Estudio 2 TV do centro. Con anterioridade a esta nova responsabilidade, ten desempeñado diferentes cargos de xestión no mesmo centro xa que foi secretaria do Departamento entre 2008 e 2020 e secretaria académica da Facultade dende o 5 de outubro de 2020, cargo que ocupaba na actualidade.
Doutora en Ciencias da Comunicación pola USC, conta cun sexenio de investigación e centra a súa traxectoria científica no tratamento informativo dos produtos comunicativos en todos os soportes (prensa, radio, TV, internet…), nas novas rutinas produtivas e os perfís profesionais nos medios de información, así como no estudo das audiencias, a programación televisiva e a alfabetización dos públicos.