Pasar al contenido principal

Presentación do libro 'Galicia-América: Cantos de emigración e exilio (1875-1951)'

21.07.2022 | 13.00h

A coordinación da obra corre a cargo de Montserrat Capelán e Carlos Villanueva

Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite

A presentación do libro Galicia-América: Cantos de emigración e exilio (1875-1951) preséntase este xoves 21, ás 13.00 horas, no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia. O volume recolle os traballos de catorce especialistas que, en 2017, xuntáronse en Santiago de Compostela para reflexionar e debater sobre un tema central para o grupo Organistrum: 'O espello de Galicia en América: ideoloxía, emigración e exilio (1875-1951)', datas que enmarcan dende o gran movemento migratorio galego a América Latina, ata a aparición da Xeración do 51, límite que reflicte as consecuencias da represión franquista. A coordinación do libro corre a cargo de Montserrat Capelán e Carlos Villanueva; sendo o traballo editorial de Alvarellos-Editora.

Justo Beramendi, Xosé M. Núñez Seixas, Victoria Eli, Julio Ogas, Javier Garbayo, Juan Francicso e Mari Antonia Palacios, ou Consuelo Carredano, especialistas no eido da emigración; xunto con estudosos que traballaron en temas transversais de emigración e exilio como  Carmen Becerra, Inmaculada Matía, José Antonio Cantal, María Fouz, ou Javier Ares, integran a listaxe de autores do libro.

O grupo de investigación Organistrum, promotor desta obra, está dedicado aos estudos históricos sobre música en Galicia, polo que nesta obra se tratan a fondo aspectos como a capacidade da música de expresar a identidade colectiva, ou como é quen de chegar a todas as clases sociais. Tamén se dá conta nestas páxinas da enorme importancia dos centros galegos como núcleos de socialización e fomento de actividades, non só musicais senón tamén teatrais ou de danza, entre outros.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.07.2022.