13/09/2022 - 11.30 horas
O profesor Carral Vilariño ofrece o relatorio ‘Agricultura e sustentabilidade na Galiza: subimos ou baixamos?’

O Programa de Formación de Maiores IV Ciclo da USC bota a andar o no curso 2022-23 este martes 13, a partir das 11.30 horas, na Casa do Saber de Lugo, coa celebración dunha sesión inaugural no marco da que o profesor na EPS de Enxeñaría do Campus de Lugo Emilio Carral Vilariño ofrecerá o relatorio ‘Agricultura e sustentabilidade na Galiza: subimos ou baixamos?’.