Pasar al contenido principal

Dramawalker-Vite

Do 26 ao 28 de setembro, das 18.00 ás 20.30 horas

Saída: antigo Colexio dos Irlandeses (rúa Nova, 44)
Santiago de Compostela

Un paseo autoguiado pola cidade de compostela ao son de autoficcións xeolocalizadas, froito da colaboración entre USC, o Grupo Chévere, o Centro Dramático Nacional e teatros e compañías locais

Mónica García e Miguel de Lira durante a preparación de Dramawalker. FOTO: Chévere
Mónica García e Miguel de Lira durante a preparación de Dramawalker. FOTO: Chévere

Coa vontade de fomentar o coñecemento e o contacto coa súa veciñanza, a Facultade de Filoloxía da USC organiza para os próximos días 26, 27 e 28 de setembro a actividade Dramawalker-Vite, un proxecto do Grupo Chévere desenvolvido co Centro Dramático Nacional e en colaboración con outros teatros e compañías locais, baseado en ficcións sonoras xeolocalizadas para ser escoitadas dando un paseo. Dramawalker Vite propón unha andaina audioguiada dende o corazón da cidade histórica ao barrio de Vite para mergullarse nos relatos que retratan a súa memoria urbana. As persoas participantes poderán escoitar pezas sonoras feitas a partir de historias recollidas da veciñanza e asociadas a distintos lugares do barrio.

A actividade estará guiada por Xesús Ron, director artístico de Chévere e terá como punto de partida, ás 18.00 horas, o antigo Colexio dos Irlandeses (Rúa Nova, 44) para rematar no barrio de Vite ás 20.30 horas. A inscrición pode formalizarse neste formulario. A actividade está aberta ao conxunto da comunidade universitaria.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.09.2022.