Pasar al contenido principal

Seminario do proxecto ECOSER 2.0

Análise de Redes

29.09.2022 | 17.00h-18.30h

Santiago de Compostela
Salón de actos

Impartido polos investigadores Sebastián Villasante e Andrés Ospina

O seminario 'Análise de redes' é unha actividade promovida polo proxecto ECOSER 2.0
O seminario 'Análise de redes' é unha actividade promovida polo proxecto ECOSER 2.0

O  proxecto Ecoser 2.0 organiza o xoves 29 de setembro o seminario 'Análise de Redes', unha actividade en colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, cofinanciada polo FEMP.

Dirixido a profesorado, persoal investigador e alumnado interesado na análise e interpretación de redes, o seminario será impartido polos investigadores Sebastián Villasante, director do EqualSea Lab, e Andrés Ospina (investigador do IMEDEA-CSIC).

A teoría de redes proporciona técnicas para analizar a fondo a estrutura dos axentes interactivos cando se proporciona información adicional e relevante. As aplicacións da teoría de redes son amplas en varios campos do coñecemento, dende as ciencias biolóxicas, informática, pasando pola enxeñería eléctrica, a teoría de xogos e as redes sociais, ata a economía ou a política. Ademais, presentarase o tema empregando exemplos das ciencias naturais, sociais e informáticas.

O seminario desenvolverase das 17.00 ás 18.30 no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC.  Está aberto ao público e poderá seguirse tanto de forma presencial como en liña. A inscrición pode realizarse nesta ligazón.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.09.2022.