Pasar al contenido principal

Seminario 'Tres olladas na historia das letras españolas'

23/09/2022 - 16.30 horas

Salón de Graos

O decano Gonzalo Fernández abre este venres, ás 16.30 horas, o acto académico no que intervirán como relatores Emilio Montero Cartelle, Alexandre Veiga, Mercedes Suárez Fernández e o profesor da USC que vén de xubilarse Carlos Folgar Fariña

Facultade de Humanidades
Facultade de Humanidades

O seminario 'Tres olladas na historia das letras españolas' rende homenaxe este venres na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo ao profesor Carlos Folgar Fariña, quen vén de xubilarse da súa actividade docente. O decano González Fernández Suárez, abrirá, a partir das 16.30 horas, no salón de graos do centro universitario lugués, un acto académico que está estruturado en tres relatorios.

O catedrático emérito de Lingua Española da USC Emilio Montero Cartelle abrirá a quenda de intervencións cun relatorio baixo o título ‘Insulte usted sabiendo lo que dice: metáforas conceptuales sobre sexo en La Lozana Andaluza’. Ao seu remate, o tamén catedrático Alexandre Veiga ofrecerá a charla ‘La copia ¿burgalesa? del Poema de Fernán González: incógnitas y malinterpretaciones de un manuscrito del siglo XV’.

O profesor obxecto de homenaxe con este acto académico, Carlos Folgar Fariña, tamén intervirá nesta sesión coa charla ‘Alfonso X el Sabio: las razones de un bilingüismo literario’, unha intervención trala que a tamén profesora titular de Lingua Española na USC Mercedes Suárez Fernández, pechará a sesión cunhas verbas de agradecemento.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.09.2022.