
Oferta de formación que abrangue desde a iniciación ao teatro á interpretación, a dirección teatral ou a escrita dramática.
Campus de Santiago
Xoves 18 de setembro de 2025, 20.00 h Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño (Auditorio da Universidade. Campus Sur) |
Presentación do programa da Aula de Teatro Encontro aberto a todas as persoas interesadas na actividade teatral, desde a formación ata a produción escénica. Presentaremos o programa a desenvolver durante este curso académico e poderás preguntar e resolver calquera dúbida que teñas ao respecto do traballo a realizar: probas de acceso, matrículas, contidos, profesorado, etc. |
Luns 22, martes 23 e mércores 24 de setembro de 2025, desde as 18.00 h Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño (Auditorio da Universidade. Campus Sur) |
Probas de acceso Durante estes tres días podes acudir a esta convocatoria onde o que facemos é realizar unha serie de exercicios e entrevistas para coñecer o perfil das persoas que se presentan e o seu interese específico (iniciarse na arte dramática, avanzar en coñecementos, etc.) e así poder suxerirlles os espazos onde mellor poden estar: compañía de teatro, escola de teatro e/ou cursos de iniciación ao teatro. Non precisas ter experiencia previa. |
Luns 29 de setembro de 2025 |
Inicio da matrícula na Escola de Teatro e nos Cursos de Iniciación ao Teatro Unha vez confirmada a admisión nos diferentes espazos poderás formalizar a túa matrícula desde o 29 de setembro ata o 5 de outubro no enderezo electrónico area.cultura [at] usc.gal (area[dot]cultura[at]usc[dot]gal) |
Luns 6 de outubro de 2025 | Inicio da actividade teatral nos diferentes espazos: Compañía de Teatro, Escola de Teatro e Cursos de Iniciación ao Teatro |
Campus de Lugo
Información pendente de publicar
A USC recoñece os cursos de formación cultural organizados pola Área de Cultura a efectos de créditos ECTS, en todas as titulacións de Grao, para o estudantado da USC que estivese matriculado nun grao no momento de realizar o curso de danza (RR del 5/12/2025) e recibirán a tal efecto un certificado de crédito, sempre e cando cumpran coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso, coa seguinte equivalencia: 1 crédito por cada curso de 25 horas de duración (máximo 12 créditos en total).
Área de Cultura
- Colexio San Xerome
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 811 018
- 881 811 103
- area.cultura [at] usc.gal
Área de Cultura
- Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 821 513
- cultura.lugo [at] usc.es
Campus de Santiago
Campus de Lugo
Noticias relacionadas
O teatro universitario galego levanta o pano en Santiago o 21 de abril
A XV Mostra de Teatro Universitario de Galicia desenvolverase ata o 1 de maio no Salón Teatro e na Sala Roberto Vidal Bolaño
Leer másO Festival de Teatro Universitario de Lugo sobe o pano entre o 2 e o 11 de abril
O certame chega á súa trixésimo primeira edición
Leer másAberto ata o 17 de febreiro o prazo para concorrer ás Axudas á Creación e aos Proxectos de Agrupacións Teatrais e de Danza
A USC impulsa esta convocatoria dirixida a toda clase de propostas escénicas que se xestaran no seo da comunidade universitaria
Leer másA USC oferta en Santiago e Lugo cursos de teatro e a posibilidade de ingresar nas compañías dos dous campus
Unha vez que as persoas interesadas participen no proceso de selección, poderán matricularse nas diferentes modalidades nas vindeiras semanas
Leer más