Proxectarase o filme 'Canciones para después de una guerra', de Basilio Martín Patino

A Facultade de Xeografía e Historia celebra o Día do Cine Español coa proxección o día 6 de outubro do filme Canciones para después de una guerra, de Basilio Martín Patino, recentemente restaurada por Filmoteca Española en colaboración con Acción Cultural Española.
A actividade foi organizada pola Biblioteca da Facultade e a Comisión de Cultura no marco dos actos organizados polo Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais e Filmoteca Española para celebrar esta data e baixo o lema #OMomentoDoNosoCinema.
A proxección terá lugar ás 12.00 horas, na aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia e contará coa presentación dos profesores de Historia do cinema da USC, Xosé Nogueira e Iván Villarmea, que tamén moderarán o coloquio posterior.