Pasar al contenido principal

Visitas guiadas ao Fondo Rof Codina polo Día da Ciencia en Galego

6/10/2022 - 12.00 horas

Biblioteca Intercentros

A Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, que desde 1995 é depositario de parte da obra orixinaria de Juan Rof Codina, así como da súa biblioteca persoal, organiza un programa de visitas gratuítas para coñecer o legado documental do Científico Galego do Ano

Participantes nunha visita a Fondo Rof, que custodia a Biblioteca Intercentros
Participantes nunha visita a Fondo Rof, que custodia a Biblioteca Intercentros

A Biblioteca Intercentros do Campus Terra da USC súmase ao actos do Día da Ciencia en Galego, que se celebra este xoves en Santiago cun acto institucional de recoñecemento de Juan Rof Codina como Científico Galego do Ano 2022, coa organización de visitas guiadas ao Fondo Rof, un compendio de documentación orixinaria e persoal do ‘impulsor da Veterinaria en Galicia e España”.

A Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo é depositaria desde 1995 de parte do legado documental de Rof Codina, así como da súa biblioteca persoal, logo de que a súa filla, Carmen Rof Carballo, formalizara a doazón deste material bibliográfico ás dependencias bibliotecarias da Facultade de Veterinaria de Lugo.

O programa de visitas ao Fondo Rof programado para este xoves 6 de outubro desenvolverase en quenda de mañá e tarde. Así, as persoas interesadas poderán ver esta documentación no marco de diversas visitas guiadas de balde que comezarán ás 12 e ás 13.00 horas, así como ás 18.00 e ás 19.00 horas

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.10.2022.