Pasar al contenido principal

'Linguaxe, multilingüismo, globalización e dixitalización, con especial referencia á lingua inglesa histórica e contemporánea'

Presentación do PAIX LinGloDixing

10.10.2022 | 16.30h

En liña
MS TEAMS

O Programa Propio de Investigación e Xestión da Facultade de Filoloxía da USC está composto polos grupos GI-1383 Variación, cambio lingüístico e gramaticalización e GI-1762 Lingüística aplicada ao ensino e aprendizaxe de inglés, tradución e deseño textual.

Facultade de Filoloxía da USC. FOTO: Andrés Fraga
Facultade de Filoloxía da USC. FOTO: Andrés Fraga

O luns 10 de outubro ás 16.30 horas, presentarase formalmente e de xeito telemático o Programa Propio de Investigación e  Xestión da Facultade de Filoloxía da USC 'LinGloDixing, Linguaxe, multilingüismo e dixitalización con especial referencia á lingua inglesa histórica e contemporánea'. Esta presentación correrá a cargo dos coordinadores do programa, a profesora Teresa Fanego e o profesor Ignacio Palacios, integrantes da área de Filoloxía Inglesa.

LinGloDixing agrupa dous equipos de investigación,  GI-1383 Variación, cambio lingüístico e gramaticalización e GI-1762 Lingüística aplicada ao ensino e aprendizaxe de inglés, tradución e deseño textual, integrados por un total de 15 PDIs dos campus de Santiago e Lugo, 1 técnica superior de xestión e 16 alumnas e alumnos de doutoramento, nalgúns casos con contrato predoutoral.A actividade destes grupos nos últimos 10 anos conduciu á defensa dun total de 23 teses de doutoramento  e á promoción e organización dun gran número de seminarios e congresos internacionais.

Durante o acto,  procederase á presentación das liñas e proxectos de investigación deste novo programa, así como dos seus obxectivos a curto e longo prazo. A presentación será seguida dunha conferencia a cargo do catedrático da Universidade de Zurich, Daniel Schreier, quen disertará sobre o tema da modalidade en diversas variedades do inglés desde unha perspectiva tipolóxica.

Pódese atopar máis información aquí.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.10.2022.