Pasar al contenido principal

Sendeirismo

Ruta polo río Ferreira

08.10.2022 | 09.30h

Santiago de Compostela
Saída: Piscina Universitaria

A Área Deportiva da USC programa un percorrido circular polos concellos de Guntín e Portomarín

Ruta polo río Ferreira
Ruta polo río Ferreira

Á Área Deportiva da USC programa o sábado 8 de outubro unha nova ruta de sendeirismo polo río Ferreira en Guntín. É unha ruta de alto interese natural, que pasa por zonas de río con bosques de ribeira moi ben conservados e tamén por carballeiras e zonas de pastos. 

Tamén o patrimonio cultural ten o seu protagonismo nesta xornada, xa que as persoas asistentes pasarán por pontes, aldeas, igrexas e polo mosteiro de Ferreira de Pallares, un pequeno tesouro pouco coñecido da nosa cultura. A ruta non ten maiores dificultades aínda que hai algún tramo pequeno no que a vexetación poder ser un pouco molesta, e, en caso de haber choivas tamén pode haber lama.

A expedición sae ás 9.00 horas do exterior da piscina universitaria e a hora de finalización aproximada son ás 19.30 horas.

O prazo de inscrición remata o 6 de outubro ás 23.59 horas. A información sobre tarifas e descontos para a comunidade universitaria nas actividades de sendeirismo, o programa de saídas e  outra información relevante está dispoñible na web da Área Deportiva.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.12.2022.