Pasar al contenido principal

A Ponte entre o Ensino Medio e a USC presenta o seu programa de actividades ante 130 centros de toda Galicia

O reitor Antonio López e Celso Rodríguez, os dous no centro da imaxe, recibiron os representantes de Ensino Medio. FOTO: Santi Alvite
O reitor Antonio López e Celso Rodríguez, os dous no centro da imaxe, recibiron os representantes de Ensino Medio. FOTO: Santi Alvite
Un total de 150 persoas, de xeito presencial ou en liña, participan nesta xuntanza estruturada en dúas quendas que se desenvolven en Santiago de Compostela e Lugo
Lugo, Santiago de Compostela

O programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC iniciou o novo curso académico cunha reunión con equipos directivos e orientadores de centros de secundaria e bacharelato de toda Galicia que presidiu o reitor Antonio López. A sesión celebrouse este luns 10 no Salón Nobre do Colexio de Fonseca e nela tamén participou o coordinador de A Ponte, Celso Rodríguez, quen aproveitou para presentar as novidades deste curso na oferta docente da USC.

Esta xuntanza contará cunha segunda quenda, este xoves 13, no edificio Cactus do Campus de Lugo. Entre as dúas sesións, agárdase a participación, ben en liña, ou ben de xeito presencial, dun total de 150 persoas, pertencentes a 130 centros do conxunto da comunidade.

Celso Rodríguez presentou as actividades do programa A Ponte para o curso 22/23, entre as que se atopan as visitas aos distintos centros, charlas temáticas, o programa ‘Encontros virtuais na Zona USC’ ou as xornadas de achegamento á Universidade ‘USC Camiña’. Entre as actividades que a institución celebrará un ano máis atópanse o acto de recoñecemento aos mellores expedientes, as charlas para ANPAS e público xeral sobre a oferta docente e actividades universitarias, os Campus de Verán e información xeral sobre as probas de acceso á Universidade.

Antonio López e Celso Rodríguez. FOTO: Santi Alvite
Antonio López e Celso Rodríguez. FOTO: Santi Alvite
Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.03.2023.