Pasar al contenido principal

I Roteiro Científico promovido por AgroMar na contorna de O Veral

15/10/2022 - 9.30 horas

Os participantes na expedición que mestura ciencia e natureza descubrirán, da man de Paz Ondina, o traballo que se está a facer na Aula da Natureza a prol da recuperación do mexillón de río, e logo coñecerán, coa guía de Antonio Rigueiro, a riqueza botánica da Ruta das Chousas. A inscrición é gratuíta e pode formalizarse xa en liña

Ruta das Chousas, en O Veral
Ruta das Chousas, en O Veral

A asociación de investigadores AgroMar do Campus Terra da USC celebra este sábado 15 de outubro o I Roteiro Científico, unha actividade gratuíta que permitirá ao público participantes achegarse á ciencia en plena natureza da man dos profesores Paz Ondina e Antonio Rigueiro.

O I Roteiro Científico promovido pola asociación AgroMar e cuxa inscrición xa se pode formalizar de balde a través do formulario habilitado en liña, partirá ás 9.30 horas de diante Facultade de Veterinaria, de onde sairá o autobús cara ao Veral. A profesora e investigadora do grupo Conservación de Peixes e Moluscos (CoPeMol) da USC Paz Ondina Navarret, guiará a visita dos participantes á Aula da Natureza do Veral, a fin de dar a coñecer o traballo que se está a realizar a prol da conservación e recuperación do mexillón de río.

O catedrático emérito da USC na EPS de Enxeñaría, Antonio Rigueiro, acompañará de seguido aos participantes pola Ruta das Chousas, no que se antolla como paseo botánico que permitirá afondar sobre o coñecemento da variada flora existente nesta contorna de Lugo.

O I Roteiro Científico impulsado por AgroMar rematará cara as 14.30 horas, nas inmediacións da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo, onde todo o público participante poderá compartir uns petiscos de balde bo bar A Carballeira.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.10.2022.