Pasar al contenido principal

A USC sobe banzos na edición 2023 do ránking de Times Higher Education

No relativo á proxección internacional, o ránking toma en consideración a habilidade de cada institución para captar alumnado foráneo. Imaxe de arquivo de alumnado da USC en Filoloxía. FOTO: Santi Alvite
No relativo á proxección internacional, o ránking toma en consideración a habilidade de cada institución para captar alumnado foráneo. Imaxe de arquivo de alumnado da USC en Filoloxía. FOTO: Santi Alvite
O intervalo 601-800 é o ocupado pola institución compostelá logo da análise de 1.800 institucións de todo o mundo
Lugo, Santiago de Compostela

A USC ascende chanzos na edición correspondente a 2023 do ránking que elabora Times Higher Education a través da análise de máis de 1.800 institucións de todo o mundo. O intervalo 601-800 é o ocupado pola Universidade nesta listaxe da que forman parte un total de 59 institucións españolas. O ano pasado a USC situábase no banzo 801-1.000.

A clasificación está elaborada en base a trece indicadores de rendemento estruturados en cinco áreas: docencia (30% da valoración final), investigación (30%), citacións (30%), proxección internacional (7,5%), e transferencia de coñecemento (2,5%). O impacto das súas citas, a proxección internacional e a transferencia de coñecemento son, por esa orde, os tres eidos mellor valorados da USC.  

121 millóns de citas analizadas

Na edición deste ano, examináronse 121 millóns de citas de 15,5 millóns de artigos de revistas, recensións de artigos, actas de conferencias, libros e capítulos de libros publicados durante cinco años. Os datos inclúen máis de 27.100 revistas académicas indexadas pola base de datos Scopus de Elsevier e todas as publicacións indexadas entre 2017 e 2021. Tamén se recompilan as citas realizadas a estas publicacións entre 2017 e 2022.

No relativo á proxección internacional, o ránking toma en consideración a habilidade de cada institución para captar alumnado foráneo, así como a proporción de persoal procedente doutros países e o nivel de colaboradores internacionais, isto é, o número total de publicacións relevantes que teñen polo menos un co-autor internacional. Finalmente, a transferencia de coñecemento pon o foco na capacidade da institución por nutrir con innovación á industria.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.10.2022.