Pasar al contenido principal

Obradoiro de fanzines

ma_GA_zine!

Entre o 19 de outubro de 9 novembro

Santiago de Compostela

Desenvólvese do entre o 19 de outubro e o 9 de novembro na Facultade de Filoloxía

Cartel do obradoiro
Cartel do obradoiro

As Comisións de Normalización Lingüística das Facultades de Ciencias da Comunicación e Filoloxía realizarán entre o 19 de outubro e o 9 de novembro o obradoiro de fanzines  'ma_GA_zine!'

A actividade estrutúrase en tres sesións presenciais. A primeira delas, a cargo de Elena Rey Sierra, Lourdes Pérez González e Pilar Díez Jambrina, analiza o fanzine como artefacto cultural e realizarase o día 19 de outubro de 16.00 a 18.00 horas.  A ilustradora Maru Astray e a experta en autoedición Lourdes Rodríguez participan na segunda sesión do obradoiro, que servirá para a posta en marcha dos fanzines e terá lugar o día 26 de outubro das 16.00 ás 19.00 horas. A última sesión chegará o 9 de novembro das 16.00 ás 19.00 e conducirá ao peche dos proxectos, que poderán ser enviados aos repositorios dixitais existentes e ao fondo existente na Facultade de Ciencias da Comunicación.

A inscrición é de balde e está aberta a toda a comunidade universitaria. Pódese solicitar ata o 18 de outubro a través do enderezo electrónico perprest [at] usc.gal (perprest[at]usc[dot]gal) ou no mostrador das bibliotecas da USC

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.10.2022.