A USC acolle este acto organizado con moito da reunión do Comité Executivo da Unión Xeográfica Internacional
Do 16 ata o 19 de outubro, Santiago de Compostela vira en sede da reunión do Comité Executivo da Unión Xeográfica Internacional (IUG/UGI), unha das asociacións científicas de maior tradición da contorna mundial, asesora da UNESCO e da ONU en diversos ámbitos, e que forma parte do Consello Científico Internacional.
O día 17 de outubro ás 12.00, o comité ofrecerá un acto público que, baixo o lema 'O coñecemento xeográfico na comprensión e resolución dos grandes problemas do século XXI', contará coa participación do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e profesor titular de Xeografía da USC, Román Rodríguez González; do vicepresidente da Unión Xeográfica Internacional (IGU/UGI), catedrático e director do Departamento de Xeografía da USC, Rubén C. Lois González; da vicepresidenta da Unión Xeográfica Internacional (IGU/UGI), integrante da directiva do Consello Científico Internacional (ISCUNESCO) e profesora ordinaria da Università degli Studi di Napoli Federico II, Maria Paradiso; e do presidente da Unión Xeográfica Internacional (IGU/UGI) e profesor da University of Cape Town (Sudáfrica) e Nanjing-Jiangsu University (China), Michael Meadows.