Pasar al contenido principal

Presentación do volume 'Deber de Baltar. Medicina e compromiso'

19.10.2022 | 19.30h-20.30h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

O Consorcio de Santiago e Xerais coeditan esta publicación sobre a exposición homónima en homenaxe ao legado da Familia Baltar

O Salón de Actos da Facultade de Medicina acolle a presentación do volume. FOTO: Santi Alvite
O Salón de Actos da Facultade de Medicina acolle a presentación do volume. FOTO: Santi Alvite

Do 19 de febreiro ao 16 de abril, o Colexio de Fonseca acolleu a exposición 'Deber de Baltar. Medicina e compromiso'. O salón do artesoado e a capela atesouraron esta mostra comisariada por Pepe Barro que se achegou á saga familiar de Ángel Baltar, médico-cirurxián con orixe en Padrón, e dous dos seus fillos, os tamén médicos Antonio e Ramón Baltar Domínguez. 

A difusión desta mostra, promovida polo Concello de Santiago, coa colaboración da USC, a Deputación da Coruña e o Colexio Oficial de Médicos da Coruña, prosegue agora coa publicación dun catálogo publicado pola editorial Xerais e o Consorcio de Santiago do que son autores Pepe Barro e Suso de Toro. Preséntase ao público o mércores 19 de outubro, ás 19.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Medicina da USC nun acto que contará coas intervencións do alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; o reitor da USC, Antonio López Díaz; a xerente do Consorcio de Santiago  Belén Hernández Lafuente; de Sara Vila Alonso, en representación de Edicións Xerais; do comisario e deseñador da exposición, Pepe Barro e do escritor Suso de Toro. 

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.10.2022.