Pasar al contenido principal

Presentación do informe "A Economía Social en España en Cifras"

20.10.2022 | 12.00h-13.30h

Fundación Laboral da Construción. (Rúa Pontepedriña de Arriba, 13)
Santiago de Compostela

O acto servirá tamén para presentar o Portal Estatístico da Economonía Social en España CIRIECSTAT

Cartel da presentación
Cartel da presentación

Santiago de Compostela é a capital española da Economía Social 2022 e a escollida por CIRIEC-España para a presentación pública do informe ‘A Economía Social en España en cifras’, e para o lanzamento do novo Portal estatístico da Economía Social en España CIRIECSTAT.

O evento de presentación terá lugar o xoves 20 de outubro ás 12.00 horas na Fundación Laboral da Construción e está a ser organizado pola CIRIEC en colaboración co Centro de Estudos Cooperativos (CECOOP) da USC, que un día despois, o 21 de outubro, celebrará o acto conmemorativo do seu 20 aniversario. O programa de actividades conta tamén coa colaboración do Ministerio de Traballo e Economía Social, a Xunta de Galicia, FOROESGAL, o Concello de Santiago e a Rede Eusumo.

O acto de presentación contará coas intervencións de Antonio López, reitor da USC,  Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde do Concello de Santiago de Compostela. Adoración Mozas, presidenta de CIRIEC-España; Celso Gándara, presidente de Foroesgal, en representación de CEPES;  Juan Manuel Sánchez Terán Lledo, subdirector xeneral da Economía Social eda Responsabilidade Social das Empresas do Ministerio de Traballo e Economía Social;  eCovadonga Toca, secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social; -

O informe sobre ‘A Economía Social en España en cifras’ será presentado polos seus directores, os profesores Rafael Chaves e José Luis Monzón, que coordinaron un grupo de máis de 40 figuras expertas de institutos e centros de investigación en Economía Social de 16 universidades. O estudo constitúe un traballo dirixido a presentar o perfil estatístico da totalidade do conxunto da Economía Social, tal e como esta é definida na Lei 5/2011 de Economía Social. O Informe ofrece os datos dispoñibles máis actualizados sobre a economía social en España e as súas comunidades autónomas, e por cada unha das súas familias. Enmárcase na ampla traxectoria de realización de estudos e informes estatísticos sobre a economía social de CIRIEC-España, desde o xa afastado e pioneiro Libro Branco da Economía Social en España (1992) ata o informe A Economía Social en España en cifras (2021).

Portal Estatístico CIRIECSTAT

Pola súa banda, a presentación do Portal Estatístico CIRIECSTAT correrá a cargo de José Luis Monzón e Ángel Soler, presidente e director, respectivamente, do CIRIECSTAT. Segundo explican, o lanzamento do CIRIECSTAT responde a unha das demandas do Plan de Acción Europeo da Economía Social, que establece como un dos seus obxectivos crave aumentar a visibilidade da mesma mediante a recompilación de datos e estatísticas adecuados, obxectivo que o Plan de Acción considera “fundamental para o recoñecemento e desenvolvemento da Economía Social”. Neste contexto, CIRIECSTAT nace, en palabras do profesor Monzón “co gran obxectivo de implantar un sistema de recompilación e produción de estatísticas da Economía Social, nun repositorio e máis adiante nunha base de datos que agrupe, depure e publique nun portal único, de forma permanente e continuada, e con criterios metodolóxicos da contabilidade nacional, homoxéneos e comparables, as diferentes estatísticas da Economía Social en España.”

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.10.2022.