Pasar al contenido principal

IX Xornada de Usuarios de R en Galicia

20.10.2022 | 09.00h

Santiago de Compostela
Aula Magna

Organizada pola  Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLISA) e patrocinada pola AMTEGA, a xornada busca promocionar e difundir o coñecemento libre da linguaxe estatística R e mostrar as súas aplicacións

Cartel da xornada
Cartel da xornada

O xoves 20 de outubro terá lugar a IX Xornada de Usuarios de R en Galicia, que pretende ser un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade. Esta edición será presencial na Facultade de Matemáticas e tamén se poderá seguir online mediante difusión en vivo a través de YouTube.

A sesión de apertura da xornada, programada ás 9.00 horas na Aula Magna do centro, contará coas intervencións de Mª Elena Vázquez Cendón; decana da Facultade de Matemáticas, Salvador Naya Fernández, vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña eRafael Rodríguez Gayoso, eresidente da Asociación MeLISA

Organizada pola  Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLISA) e patrocinada pola AMTEGA, a IX Xornada de Usuarios de R en Galicia busca promocionar e difundir o coñecemento libre da linguaxe estatística R e mostrar as súas aplicacións. O programa, dispoñible en liña, contempla 21 relatorios entre os que se contan as conferencias convidadas de Luciane Ferreira Alcoforado, da Academia da Força Aérea (Brasil); Miguel Flores da Escola Politécnica Nacional (Ecuador); Ariel Levy da Universidade Federal Fluminense (Brasil); Orlando Celso Longo, da Universidade Federal Fluminense (Brasil); Mª Esther Calvo Ocampo, do Instituto Galego de Estatística; Salvador Naya Fernández, da Universidade da Coruña e Marcos Fernández Arias da Xunta de Galicia).

Entre as persoas participantes figuran especialistas do Instituto Español de Oceanografía (IEO), da Xunta de Galicia, de diferentes entidades como a Consellaría de Sanidade ou o Instituto Galego de Estatística, das tres universidades galegas e universidades estranxeiras: Escuela Politécnica Nacional (Ecuador), Universidade Federal Fluminense (Brasil) e da Academia da Força Aérea (Brasil), do Instituto de investigación sanitaria de Santiago de Compostela e un profesor de Ensino Medio do IES Pedra da Auga (Ponteareas).

O comité organizador da xornada está integrado por María José Ginzo Villamayor do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago de Compostela e membro de MeLISA, Rafael Rodríguez Gayoso, presidente de MeLISA ;e Miguel Ángel Rodríguez Muíños da Consellería de Sanidade e membro de MeLISA. E o comité científico está formado por María José Ginzo Villamayor e Miguel Ángel Rodríguez Muíños da Consellería de Sanidade e membro de MeLISA.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.10.2022.