Pasar al contenido principal

Botan a andar as XXIX Xornadas Estatais FEAE

“Reunirémonos persoas comprometidas coa educación dos trece foros autonómicos e participarán figuras relevantes do mundo da innovación social e educativa”, explica Pilar Taboada de Zúñiga, en representación de Cursos Internacionais USC
Santiago de Compostela

As XXIX Xornadas Estatais do Foro Europeo de Administradores de Educación (FEAE) botan a andar este xoves 20 de outubro, ás 17.30 horas. “Reunirémonos persoas comprometidas coa educación dos trece foros autonómicos e participarán figuras relevantes do mundo da innovación social e educativa”, explica Pilar Taboada de Zúñiga, en representación de Cursos Internacionais USC. Os horarios e localizacións das sesións poden consultarse na web do evento.

“O perfil dos asistentes é profesorado do nivel medio e superior e persoal da inspección e administración educativa, así como distintos representantes de asociacións de profesorado das distintas autonomías”, engade Taboada de Zúñiga.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.10.2022.