Pasar al contenido principal

A Asociación de Antigos Alumnos da USC convoca a décimo terceira edición do Premio de Relato Curto

Dotado con 500 euros, o prazo de presentación de traballos remata o 31 de decembro

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni USC) convoca a décimo TERCEIRA edición do Premio Relato Curto cunha dotación económica de 500 euros, cantidade que achega o Instituto Policlínico La Rosaleda.

Aberto a todo o público en xeral –agás aos integrantes da xunta directiva da asociación-, o prazo de entrega dos traballos finaliza o 31 de decembro de 2018. O tema será de libre elección, rigorosamente inédito e redactado en galego, cun máximo de sete folios. Ademais deben presentarse baixo pseudónimo.

Os traballos deben ser remitidos ou a través de correo electrónico a alumni [at] usc.es (alumni[at]usc[dot]es) ou por correo certificado á Casa da Concha, Rúa da Conga, 1 15704 Santiago de Compostela (A Coruña).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.10.2018.