Pasar al contenido principal

6ª edición Simposio Internacional GEIVEX

26.10.2022 | 08.45h

O Grupo Español de Innovación e Investigación en Vesículas Extracelulares celebra o seu sexto simposio internacional

6ª edición Simposio Internacional GEIVEX
6ª edición Simposio Internacional GEIVEX

O VI Simposio Internacional GEIVEX desenvólvese entre o 26 e 28 de outubro de 2022 en Santiago de Compostela co obxectivo de promover a investigación, a innovación e o intercambio de coñecemento no campo das Vesículas Extracelulares (VE).

A inauguración do simposio, presidida polo reitor Antonio López, terá lugar o mércores 26 de outubro  ás 08.45 horas no Salón de Actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía e contará coas intervencións de María Pardo, presidenta do comité local,  María Yáñez, presidenta do Grupo Español de Innovación e Investigación en Vesículas Extracelulares (GEIVEX) ; Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN); Julián Álvarez, decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía e María Luz Couce, directora do IDIS.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.10.2022.