O encontro enmárcase na liña de pesquisa sobre Teoría e aplicacións das investigación na cultura

A rede Galabra promove do 27 ao 28 de outubro o encontro 'Investigacións na cultura', un foro que parte da premisa de que a investigación neste eido debe procurar entender a maneira na que as persoas e as comunidades toman decisións para clasificar e actuar no mundo e para garantir e mellorar as súas condicións de vida.
Cara a ese fin, o encontro explorará os conceptos de cultura como dinámicos e vinculados ás cuestións de investigación: o papel das narrativas, en sentido amplo, na concepción e acción comunitarias; o concepto dinámico e heteroxéneo de comunidade; as investigacións sobre as ideas e as condicións de éxito e fracaso das comunidades; a cultura e a cohesión social; e as relacións intercomunitarias.
Así o evento atenderá os principais motivos que propician que os grupos se mobilicen para mellorar as súas vidas, tratará de comprender as formas de creación de consenso e as súas repercusións, conceptualizar a enerxía comunitaria entendida como a toma de decisión de individuos e comunidades, ou analizar as motivación dos grupos promotores, entre outras cuestións.
Elias J. Torres Feijó será o encargado de moderar este encontro , que contará coa participación de Antonio Monegal (Universitat Pompeu Fabra), Clara Saraiva (Universidade de Lisboa), Itamar Even-Zohar (Universidade de Tel-Aviv), Jaume Subirana (Universitat Pompeu Fabra), Rakefet Sela-Sheffy (Universidade de Tel-Aviv), Emilio Carral Vilariño (Universidade de Santiago de Compostela)ñ
O programa de sesións desenvolverase na Sala de Actos da Facultade de Filoloxía da USC, o xoves 27 de outubro de 10.00 a 14.30 horas e de 16.00 a 19.00 horas e venres 28 de outubro de 10.00 a 13.30 horas. Poderá seguirse en liña na canle de YouTube da USC.