Pasar al contenido principal

Bota a andar o Programa Explorer 2023.1 para transformar ideas en negocios sustentables

O programa diríxese a mozos e mozas de entre 18 e 31 anos que procuren “entender os beneficios e oportunidades que ofrece emprender”. FOTO: Santi Alvite
O programa diríxese a mozos e mozas de entre 18 e 31 anos que procuren “entender os beneficios e oportunidades que ofrece emprender”. FOTO: Santi Alvite
O prazo de inscrición permanece aberto ata o vindeiro 13 de decembro para mozos e mozas de entre 18 e 31 anos
Lugo, Santiago de Compostela

O Programa Explorer 2023.1 abre o seu prazo de inscrición ata o vindeiro 13 de decembro co obxectivo de validar as ideas das persoas participantes e convertelas en negocios sustentables. Durante doce semanas que se estenderán entre os meses de xaneiro e abril do próximo ano, os e as inscritas poderán transformar o seu proxecto nunha solución que contribúa a lograr os Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles (ODS) 2030. A inscrición pode formalizarse na web do programa.

Explorer está deseñado para converter as persoas participantes “en parte activa do cambio” a través da posta en marcha de proxectos economicamente sustentables, en virtude  dun enfoque práctico e baseado en dinámicas de aprendizaxe social, tal e como apuntan dende a organización do programa. Explorer pon o foco en distintas industrias, sectores e tipoloxías de organizacións. Ademais, a participación pode ser individual ou en equipos de ata, máximo, cinco persoas.

O programa diríxese a mozos e mozas de entre 18 e 31 anos que procuren “entender os beneficios e oportunidades que ofrece emprender”. Ademais, Explorer tamén se centra en persoal investigador que queira transformar os seus descubrimentos en negocios sostibles.

Explorer desenvolverase integramente en liña no caso de Alemaña, Estados Unidos, países de Latinoamérica, Portugal e Reino Unido. En España, a maior parte da experiencia é en liña, aínda que pode haber actividades presenciais en cada centro (Explorer Space). En calquera caso, serán adaptables a un escenario virtual.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.10.2022.