Pasar al contenido principal

Xornadas

'Goberno e dixital e inclusión social'

25.10.2022 | 16.30h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Organizadas polo Grupo de Investigación Social e Políticas Públicas (ISOPOLIS) da USC

Xornadas 'Goberno e dixital e inclusión social'
Xornadas 'Goberno e dixital e inclusión social'

O seminario 'Goberno e dixital e inclusión social' pretende afondar nos avances logrados pola introdución das tecnoloxías dixitais na acción de goberno e, en concreto, no deseño e implementación de políticas cunha clara orientación á mellora do benestar da cidadanía e a procurar a súa inclusión social.

Ao longo de 8 horas lectivas, impartidas entre tarde do martes 25 de outubro e a mañá do mércores 26, as xornadas porán o foco nos desenvolvementos tecnolóxicos en áreas concretas de intervención pública, significadas polo impacto na cidadanía ou mesmo por constituír unha área moi visible de avance na súa integración no sistema de produción dixital de información e servizos públicos.

A actividade formativa, promovida polo Grupo de Investigación Social e Políticas Públicas (ISOPOLIS) da USC e baixo a dirección de Andrés Cernadas Ramos,  salienta o desenvolvemento de proxectos neste eido desenvolvidos desde a perspectiva dun compromiso de responsabilidade social.

As sesións, que se desenvolverán no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Políticas da USC, contarán coas intervencións de Alberto José Bugarín Díz (CITIUS – USC); Eleder Piñeiro Aguiar (Universidade da Coruña); Francisco Haz Gómez (USC) ; Roser Beneito-Montagut (Cardiff University / Grupo CareNet, UOC); Adela Mesa del Olmo (Euskal Herriko Unibertsitatea / Universidad del País Vasco)  e Manuel Souto Otero (Cardiff University). 

A inscrición é de balde ata esgotar prazas. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.10.2022.