Un taller desenvolve o concepto de ‘Saúde 4.0’ como reto odontolóxico’
A cátedra institucional de implantoloxía avanzada Galimplant USC organizou os días 27 e 28 de outubro o taller titulado ‘Saúde 4.0: o reto odontolóxico’, impartido polo doutor Santiago Ferris Lucero, experto no eido da implantoloxía.
“O concepto ‘Saúde 4.0’ transformará a forma na que entendemos a saúde”, explican dende a organización do curso. Así, mudará os produtos e servizos que as empresas do sector odontolóxico desenvolven, agora centrados en dar solución as necesidades e expectativas dos doentes usuarios de forma máis personalizada, os seus modelos de negocio e as novas capacidades que van ser precisas para implementar a práctica clínica coa tecnoloxía.
Analizar e valorizar o concepto de saúde 4.0 que engloba a transformación dixital no sector sanitario odontolóxico, familiarizarse coas novas tecnoloxías e a súa aplicación na clínica diaria, e adquirir competencias básicas dixitais para iniciar unha aprendizaxe autónoma na odontoloxía Dixital conforman os obxectivos do curso.