Salón de actos
O catedrático emérito de Edafoxolía e Química Agrícola da USC, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, presenta na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo o volume no que aborda a situación do eucalipto en España

O catedrático emérito de Edafoxolía e Química Agrícola da USC, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, presentará o xoves 10 de novembro, ás 12.00 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra, o libro ‘Eucaliptos en España. Razones y pasiones’, un volume no que aborda a situación do eucalipto en España.
A nova obra de Díaz-Fierros que vén de ser editada pola USC busca propiciar un diálogo entre argumentos xa asentados e novos puntos de vista respecto da polémica figura do eucalipto. O autor desmonta mitos e propón un enfoque actualidade nun volume que constitúe un documento de enorme valor científico, técnico e pedagóxico.