O proxecto 50/50 naceu co obxectivo de promover un xornalismo e uns medios de comunicación que representen a diversidade do mundo

A directora creativa do proxecto 50/50 da BBC, Lara Joannides, manterá un encontro con alumnado na Facultade de Ciencias da Comunicación o vindeiro martes, 8 de novembro, ás 16.00 horasa, previa inscrición nesta ligazón.
Lara Joannides, directora creativa de 50/50 da British Broadcasting Corporation (BBC) dará unha conferencia sobre como este proxecto promove unha representación mediática máis diversa e terá logo unha conversa co alumnado asistente.
O proxecto 50/50 naceu co obxectivo de promover un xornalismo e uns medios de comunicación que representen a diversidade do mundo, e foi medrando ata chegar a aplicarse a súa metodoloxía noutros medios como ABC News (Australia), a BR (Alemaña) ou o Financial Times.
Esta actividade está promovida pola Cátedra RTVE-USC.
