Pasar al contenido principal

I Seminario de Pegada de Carbono Corporativa para Pemes

8/11/2022 - 9.30 horas

O programa promovido na Facultade de Ciencias polo grupo PRODES e a Cátedra de Transmisión Enerxética USC-Genesal Energy pretende achegar novas propostas de transición ecolóxica orientadas a reducir o impacto da pegada de carbono sobre o cambio climático

Facultade de Ciencias da USC
Facultade de Ciencias da USC

O grupo de investigación Enxeñaría e Xestión de Procesos e Produtos Sustentables (PRODES), que coordina o profesor da USC Eugenio Fernández, e a Cátedra de Transmisión Enerxética USC-Genesal Energy celebran este martes, a partir das 9.30 horas, na Facultade de Ciencias do Campus de Lugo, o I Seminario de Pegada de Carbono Corporativa para Pemes, un programa dirixido a técnicos e profesionais do ámbito empresarial a través do que se pretende achegar propostas de transición ecolóxica dirixidas a reducir o impacto da pegada de carbono sobre o cambio climático.

A xornada, que se desenvolverá en quenda de mañá e tarde, está deseñada deseñada para dar a coñecer o reto do cambio climático dentro dos Obxectivos de
Desenvolvemento Sostible (ODS) e para amosar o valor da pegada de carbono como indicador de actuación corporativa en relación coa contribución das actividades das empresas no devandito impacto, a fin de propoñer estratexias de transición ecolóxica.

Este seminario, segundo indica o profesor Eugenio Fernández, servirá para amosar diversas metodoloxías e ferramentas de cálculo para os distintos ámbitos normalizados de pegada de carbono, así como os procedementos para o seu rexistro. O formato de aprendizaxe proposto combina clases expositivas e sesións interactivas na aula de informática, ademais de tarefas con titoría.

Programa

O profesor do Departamento de Enxeñaría Química da USC Enrique Roca Bordello abrirá, ás 9.50 horas, a quenda de relatorios deste foro coa sesión titulada ‘Indicadores de sustentabilidade e transición ecolóxica. O retor do cambhio climático e a pegada de carbono como KPS corporativo para a transición enerxética’. De seguido, o profesor Eugenio Fernández Carrasco explicará dúa das ferramentas dispoñibles para calcular a pegada de carbono corporativa, tales como son a calculadora do Ministerio e a openLCA.

Un caso práctico de cálculo e rexistro de pegada de carbono corporativa impartido pola responsable da Unidade de Xestión de I+d+i de Genesal Energy, Marcela Fernández, seguido dunha exposición de Enrique Roca respecto doutras ferramentas e metodoloxías para medir a pegada de carbono, darán continuidade ao programa matinal deste seminario, que rematará coa charla ‘A sustentabilidade como piar estratéxico da empresa’, a cargo do CEO de Genesal Energy, Julio Arca.

Xa en quenda de tarde, as persoas inscritas neste seminario participarán nun obradoiro de implementación dun caso práctico, ademais de realizar probas de medición da pegada de carbono corporativa a través do manexo das ferramentas dispoñibles.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.11.2022.