Pasar al contenido principal

Exposición

'Cajal: esas bolboretas da alma'

09.11.2022-09.12.2022 | 19.00h

Santiago de Compostela

A mostra bota a andar nun ano no que se celebra o 170 aniversario do nacemento e o centenario da xubilación de Santiago Ramón y Cajal

Exposición 'Cajal. Esas bolboretas da alma'
Exposición 'Cajal. Esas bolboretas da alma'

A Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC acollerá dende o 9 de novembro e ata o 9 decembro a exposición ‘Cajal: esas bolboretas da alma’, unha mostra que percorre fragmentos da vida do 'pai da neurociencia'.

Comisariada a nivel local polos investigadores do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS), o profesor José Luis Labandeira García e a profesora Ana Isabel Rodríguez Pérez, a mostra bota a andar nun ano no que se celebra o 170 aniversario do nacemento e o centenario da xubilación de Santiago Ramón y Cajal. Por estes dous aniversarios, o 2022 é o Ano da Investigación Ramón y Cajal.

Esta exposición pretende render tributo á vida e obra do premio Nobel español e achegar a estudantes e público en xeral a súa prolífica traxectoria científica e artística a través de facsímiles de debuxos científicos de autor, cuxa recompilación foi realizada pola profesora Rosario Moratalla, do Instituto Cajal do CSIC. O título evoca o nome co que o Nobel denominaba as neuronas piramidais (bolboretas), relacionadas coa plasticidade cerebral e a cognición.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.12.2022.