Pasar al contenido principal

Jump It! Dá o salto ao sector IT

15.11.2022 | 11.00h-12.00h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

A Área de Orientación Laboral da USC colabora nesta actividade que busca ofrecer ao alumnado información sobre alternativas profesionais no sector das tecnoloxías intelixentes

A Facultade de Dereito da USC acolle a xornada. FOTO: Santi Alvite
A Facultade de Dereito da USC acolle a xornada. FOTO: Santi Alvite

O Salón de Graos da Facultade de Dereito acollerá o martes 15 de novembro unha xornada sobre alternativas profesionais na área de novas tecnoloxías dirixida principalmente a alumnado de áreas STEM  pero de interese tamén para estudantes doutras áreas.

Organizada pola Área de Orientación Laboral en colaboración coa empresa tecnolóxica Altia,  a sesión 'JUMP IT: dá o salto ao sector IT' busca ofrecer ao estudantado unha visión sobre as diferentes oportunidades que presenta este sector e sobre novas opcións de empregabilidade máis descoñecidas na área tecnolóxica. Ademais, os profesionais de RRHH de Altia, darán a coñecer as oportunidades profesionais que ofrecen a titulados universitarios nesta empresa.

Trátase dunha actividade presencial que se desenvolverá das 11.00 ás 12.00 horas. Para asistir é preciso formalizar a inscrición na actividade ata o 14 de novembro. 

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.11.2022.