Pasar al contenido principal

O Campus Terra cita persoal de cinco universidades e centros de investigación nun foro informativo da AEI

Investigadores asisten no edificio Cactus do Campus de Lugo a unha sesión informtiva da AEI
Investigadores asisten no edificio Cactus do Campus de Lugo a unha sesión informtiva da AEI
A subdirectora Xeral Adxunta de Recursos Humanos para a Investigación da AEI, Bárbara Alcocer, presenta en Lugo as novas convocatorias de financiamento da carreira investigadora da AEI no marco dun curso do programa de formación do Campus Terra da USC
Lugo

Un curso sobre liñas de financiamento da carreira investigadora e novas convocatorias de persoal investigador por parte da Axencia Estatal de Investigación (AEI) citou no Campus Terra da USC máis de 30 persoas procedentes das tres universidades galegas, así como das universidades de Oviedo  e Valladolid, e do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

A subdirectora Xeral Adxunta de Recursos Humanos para a Investigación da AEI, Bárbara Alcocer, abriu o encontro coa comunidade científica moza promovido polo Campus Terra da USC co obxectivo de captar novos talentos e vocacións cara a carreira investigadora coa presentación das distintas convocatorias e axudas de investigación para personal promulgadas pola AEI.

Alcocer aproveitou esta sesión, na que tamén tomou parte persoal investigador de spin-off e empresas de base tecnolóxica de temáticas relacionadas coas liñas de I+D que se desenvolven no Campus Terra da USC para dar conta das novidades que presenta o novo formato do programa Ramón y Cajal, ademáis de para tratar outros asuntos estreitamente ligados coa carreira investigadora como son os programas de consolidación.

A actividade formativa promovida desde o Campus Terra serviu asemade para que a mocidade investigadora presente abordaran con beneficiarios e avaliadores da concesión destas achegas as súas respectivas dúbidas respecto do proceso de elaboración e avaliación de propostas.

Os distintos coloquios celebrados no marco deste curso, coordinado polo investigador Ramón y Cajal na EPS de Enxeñaría da USC, permitiron achegar cumprida información sobre as convocatorias de bolsas de Formación de Personal Investigador (FPI), Formación de Profesorado Universitario (FPU), Doutoramento Industrial, así como respecto doutros programas como Juan de la Cierva, Persoal Técnico de Apoio, Torres Quevedo, Margarita Salas, María Zambrano, Proxectos para a Mocidade Investigadora (JIN) ou Ramón y Cajal.

Curso de formación impartido por persoal da Axencia Estatal de Investigación no Campus Terra
Curso de formación impartido por persoal da Axencia Estatal de Investigación no Campus Terra
Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.11.2022.