Pasar al contenido principal

Concerto

'Arias antigas do Novo Mundo', homenaxe a Juan Francisco Sans

18.11.2022 | 20.00h

Santiago de Compostela
Paraninfo

O Grupo Organistrum promove este concerto homenaxe a Juan Francisco Sans, cunha escolma de arias na voz da soprano Tabea Graser e no piano de Sara Petrizzo

Concerto homenaxe a Juan Francisco Sans
Concerto homenaxe a Juan Francisco Sans

O vindeiro venres, día 18 ás 20 horas, o Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia acollerá o concerto-homenaxe a Juan Francisco Sans (1956-2022), soado investigador venezolano, colaborador ata o seu recente falecemento do grupo de investigación Organistrum, da USC. Pianista, compositor, director, editor e musicólogo de excepción, Juan Francisco Sans (Caracas, 1956 - Medellín, 2022) foi, sobre todo, un humanista e un home do renacemento.

Presentará o acto a profesora Montserrat Capelán, que comentará a traxectoria do profesor Sans e o programa do recital, no que tomarán parte a cantante alemá Tabea Graser e a pianista venezolana Sara Petrizzo. Escoitaranse “Arias Antigas do Novo Mundo”, un traballo do musicólogo venezolano sobre arias barrocas do Novo Mundo, polo que foi galardoado co Premio de Investigación da Fundación Cultural latín GRAMMY de 2017. O concerto ofrecerá unha selección de cinco das obras publicadas no seu libro, ademais de catro arias máis: do Virreinato de Perú, de Guatemala, e de Venezuela, transcritas por Montserrat Capelán.

A asistencia ao concerto homenaxe é libre ata completar a capacidade da sala. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.11.2022.