Aberto ata o 26 de outubro o prazo de presentación de candidaturas ao XIX Premio Aresa de Desenvolvemento Rural
A USC e o Grupo Aresa manteñen aberto o prazo de presentación de candidaturas ao XIX Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un galardón convocado polo grupo empresarial lugués en colaboración coa institución académica, ata o 26 de outubro.
As bases polas que se rexe a convocatoria están dispoñibles na web www.aresa-agricola.com e os aspirantes deben entregar a documentación correspondente nos rexistros xerais dos campus universitarios de Lugo (no Edificio dos Servizos Centrais) ou de Santiago de Compostela (no Colexio de San Xerome) antes das 14.00 horas do venres 26 de outubro.
O Premio Aresa premia cada ano iniciativas e proxectos presentados por entidades, empresas, grupos de investigación, asociacións ou persoas individuais, que contribúan á mellora do benestar das persoas que viven e traballan no medio rural galego.
Este galardón está dotado con 10.000 euros en metálico, un premio que será fallado por un xurado especializado, cuxos integrantes serán os responsables de examinar todas as candidaturas presentadas. O fallo darase a coñecer publicamente ao longo dos dous primeiros meses do próximo ano.