Pasar al contenido principal

V Congreso Multidisciplinar en Nutrición

22/11/2022 - 10.00 horas

Salón de Graos

O programa organizado pola Asociación de Dietistas-Nutricionistas (ADINU) de Galicia está estruturado en cinco relatorios, un deles a cargo da Asociación Española contra o Cancro, e inclúe un obradoiro de 'bathcooking'

Facultade de Ciencias da USC
Facultade de Ciencias da USC

A Asociación de Dietistas Nutricionistas (ADINU) de Galicia celebra este martes, a partir das 10.00 horas, no salón de graos da Facultade de Ciencias do Campus de Lugo, a quinta edición do Congreso Multidisciplinar en Nutrición, un foro estruturado en cinco relatorios e un obradoiro de ‘batchcooking’, que será impartido por Emma Enríquez.

O congreso, especialmente dirixido ao alumnado e titulados no grao en Nutrición Humana e Dietética, pero tamén aberto a estudantes, profesionais relacionados co ámbito da nutrición, así como a docentes e investigadores, presenta un programa multidisciplinar, no marco do que se tratarán cuestións ligadas coa a nutrición deportiva, algúns mito da nutrición, a nutrición na industria ou a cirurxía bariátrica. 

Un obradoiro de ‘batchcooking’, orientado fundamentalmente a alumnado, e un relatorio a cargo dun representante da Asociación Española contra o Cancro, que, ademais de explicar os obxectivos deste colectivo, tamén informará sobre o posible cometido que poden desenvolver os titulados en Dietética e Nutrición cos persoas que presentan este tipo de enfermidades.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.11.2022.