Pasar al contenido principal

Simposio do ILG

'A edición dixital de textos antigos: modelos, proxectos e ferramentas'

Do 28 de novembro ao 2 de decembro

Santiago de Compostela

Organizado polo Instituto da Lingua Galega, conta coa colaboración do Consello da Cultura Galega, a Universidade de Alcalá e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Cartel da actividade
Cartel da actividade

Como cada outono desde o ano 2002, chega unha nova edición do Simposio do ILG baixo o título A edición dixital de textos antigos: modelos, proxectos e ferramentas, que terá lugar entre o 28 de novembro e o 2 de decembro no salón de graos da Facultade de Filoloxía. Este simposio foi concibido como unha volta ao labor filolóxico primordial, o da ecdótica e a edición de textos, mais cunha ollada renovada, sustentada nas novas tecnoloxías promovidas polas Humanidades Dixitais, interdisciplinar e colaborativa.

Organizado polo Instituto da Lingua Galega, conta coa colaboración do Consello da Cultura Galega, a Universidade de Alcalá e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

A inscrición, que é de balde, pode formalizarse a través do formulario ata o día 28 de novembro ás 12 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.11.2022.