Pasar al contenido principal

Programa Converxencias

Xornadas sobre oralidade

Do 28 ao 30 de novembro

Santiago de Compostela
Salón de Actos

A actividade inscríbese no programa Converxencias da Facultade de Filoloxía

As Xornadas sobre oralidade desenvólvense na Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite
As Xornadas sobre oralidade desenvólvense na Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite

As 'Xornadas sobre oralidade' terán lugar no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía os días 28, 29 e 30 de novembro entre as 17.00 e as 20.00 horas e ofrecerán 16 relatorios arredor da relación entre oralidade coa literatura, coa(s) lingua(s), linguaxe(s) e lingüística; e coa(s) cultura(s). 

No marco deste encontro procederase, ademais, á inauguración da exposición 'Cantigas da Ulla, coplas ulláns', que terá lugar o luns 28 ás 19.45 e quedará situada no primeiro andar da facultade. Na tarde do 29 de novembro, alén dos relatorios, o programa inclúe a sesión 'Palabra falada' (Spoken Word) ás 19.15 horas.

A actividade inscríbese no programa Converxencias da Facultade de Filoloxía, en cuxo contexto se organiza anualmente este encontro que conta coa participación de PDI, PAS e estudantado da Facultade. En anos anteriores, estas xornadas estiveron dedicadas á revista Nós (2020) e á tradución (2021).  

Os textos presentados no encontro formarán parte dun volume que se publicará no ano 2023 e constituirá o agasallo institucional da Facultade.

A participación é libre e o programa está dispoñible en liña

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.11.2022.