Pasar al contenido principal

I Xornadas de Transferencia Universitaria en Docencia e Investigación Aplicadas XTUDIA

29.11.2022 | 16.00h-18.00h

Santiago de Compostela
Salón de actos

Organizadas polo Grupo de Investigación Social e Políticas Públicas (ISOPOLIS) da USC

Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC

As I Xornadas de Transferencia Universitaria en Docencia e Investigación Aplicadas XTUDIA  desenvolveranse o 29 de novembro a partir das 16.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC no marco do Proxecto Kër Cartografando a Exclusión Residencial en Asentamentos Informais.

Na actualidade, os problemas relacionados coa xenofobia están a incrementarse. A exclusión social e a pobreza son
outros elementos que aparecen aparellados a fenómenos como o anterior. O proxecto Kër centra a súa atención na exclusión dentro dos asentamentos informais en España, tratado de botar luz sobre a situación real das persoas que residen nestes.
Para isto séguese unha metodoloxía cuantitativa orientada cara a xeración do I Mapa Estatal de discriminación racial e/ou étnica nestes asentamentos, avaliando e comparando situación, CC.AA. e outras variables críticas do eido sociodemográfico e político. 

O encontro, coordinado por Bran Barral Buceta, contará coas intervencións de Diego Pascual López Carmona, da Fundación CEPAIM, e de Francisco Eduardo Haz Gómez, investigador do grupo ISOPOLIS. Trátase dunha actividade aberta a público xeral e especialmente dirixida ao alumnao de Ciencias Políticas e áreas afins, así como a profesionais vinculados con estes eidos. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.11.2022.