Pasar al contenido principal

Sesión ordinaria do Consello de Goberno

29.11.2022 | 11.00h-15.00h

Santiago de Compostela e Lugo
Salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago) e Sala Multiusos do Edificio Servizos Administrativos/Biblioteca Intercentros (Lugo)

Convocada ás 11.00 horas (11.15 horas en segunda convocatoria) no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago) e na Sala Multiusos do Edificio Servizos Administrativos/Biblioteca Intercentros (Lugo).

Colexio de San Xerome. Foto: Santi Alvite
Colexio de San Xerome. Foto: Santi Alvite

A próxima sesión ordinaria de Consello de Goberno terá lugar o martes 29 de novembro no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago)  e na Sala Multiusos do Edificio Servizos Administrativos/Biblioteca Intercentros (Lugo).

A xuntanza está prevista ás 11.00 horas en primeira convocatoria e 11.15 en segunda, e estenderase ata as 15.00 horas. No caso de que sexa necesario, a reunión continuará pola tarde, das 16.30 horas ata as 18.30 horas.

Entre os temas da orde do día inclúese a aprobación, se procede, da convocatoria de prazas de corpos docentes e das comisións de selección correspondentes, da convocatoria para a estabilización extraordinaria de profesorado interino por vacante e da comisión de selección correspondente, das Bases para a Planificación de PDI 2023 e da derrogación do Regulamento de asignación de cátedras a áreas de coñecemento. Tamén se acometerá a aprobación, se procede, da reposición de prazas vacantes, a aprobación de complementos retributivos autonómicos (recursos) e do Calendario de Planificación Académica Anual para o curso 2023/2024. Ademais, someterase a aprobación a adscrición funcional das materias das titulacións de grao e mestrado a áreas de coñecemento, curso 2023/2024, as memorias dos Institutos de Investigación do ano 2021 e a  proposta de logotipo propio para a Cátedra Institucional Cruz Roja para a mellora da calidade de vida das persoas maiores. A sesión abordará tamén cuestións vencelladas a convenios, asuntos económicos, os informes do reitor, de vicerreitoras e vicerreitores, do xerente e da secretaria xeral e pechará coa rolda aberta de intervencións. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.11.2022.