Pasar al contenido principal

Ciclo 'Aprendendo das empresas e das institucións'

Mesa redonda 'Liderado feminino e cultura empresarial'

30.11.2022 | 12.00h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

A profesora da USC María Bastida modera esta conversa entre Dora Casal, directora executiva de Roberto Verino e  Josefina Fernández Álvarez, directora de Operacións de Altia

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. FOTO: Santi Alvite

Coa finalidade de achegar o mundo da empresa e as institucións ao alumnado, a Aula Profesional ECOADE organiza un ciclo de conferencias na que responsables e persoal das diferentes áreas funcionais de diferentes organizacións e entidades explicarán entre outros aspectos, as funcións e os obxectivos de cada unha desas áreas e as tarefas que desenvolven no día a día.

A sesión do 30 de novembro tomará a forma dunha mesa redonda sobre 'Liderado feminino e cultura empresarial', moderada pola profesora María Bastida e na que participarán Dora Casal, directora executiva de Roberto Verino e  Josefina Fernández Álvarez, directora de Operacións de Altia. A actividade comezará ás 12.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  e a asistencia é libre ata completar a capacidade da sala. 

A listaxe completa de conferencias do ciclo 'Aprendendo das empresas e das institucións' está dispoñible nos documentos anexos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.11.2022.