Pasar al contenido principal

Senior Innovation Workshop

02.12.2022 | 10.00h-13.00h

As inscricións para este evento que se desenvolve o 2 de decembro poden formalizarse en senior.innovation@usc.es

O Senior Innovation Workshop porá o peche ao Senior Innovation Lab (SIL)
O Senior Innovation Workshop porá o peche ao Senior Innovation Lab (SIL)

Unha xornada de encontro entre o alumnado innovador da USC e o sector xerontolóxico galego porá o peche ao Senior Innovation Lab (SIL), unha iniciativa da USC incluída no proxecto europeo Inventhei. O SIL é unha experiencia educativa no ámbito das persoas maiores, orientada ao deseño de novas solucións aos retos e oportunidades dunha sociedade envellecida que se desenvolveu ao longo de diversas xornadas nos meses de outubro e novembro.

SIL desenvolveuse como seminarios e talleres prácticos planificados sobre innovación social, produto mínimo viable, comunicación efectiva e traballo interdisciplinario. O alumnado de grao, mestrado, doutoramento e IV ciclo presentará as súas ideas innovadoras, e poderá discutilas coas entidades que participan nos cinco retos formulados polo programa (Domus Vi, AGADEA, ATEGAL, ARC Os Tilos e Cruz Vermella) e co resto de profesionais do sector. O Senior Innovation Workshop celebrarase o 2 de decembro de 10.00 a 13.00 horas, na sede de Afundación da praza de Cervantes. As inscricións poden formalizarse en senior.innovation [at] usc.es (senior[dot]innovation[at]usc[dot]es)

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.12.2022.