A Facultade de Medicina celebra este venres o seu patrón

A Facultade de Medicina celebra este venres 19 a festividade do seu patrón San Lucas nun acto académico que presidirá ás 12.30 horas o reitor Antonio López e que este ano quere render homenaxe aos profesionais da medicina que, expoñendo a súa vida, prestaron os seus servizos na pandemia de gripe de 1918.
O acto comezará coa lección maxistral ‘A pandemia de gripe de 2018’ a cargo do catedrático emérito de Medicina Preventiva Juan Gestal Otero. A continuación, entregaranse as placas honoríficas da Facultade aos docentes xubilados o curso pasado Mª Marcelina Graña Barcia, Mª del Pilar Alonso Martínez, Julio Brenlla González e Mª del Carmen Peteiro García. Intervirán tamén na cerimonia o subdirector de Procesos Asistenciais do Hospital Clínico, Luis González Taboada, e o decano da Facultade, Julian Alvarez Escudero.
Como remate, inaugurarase no claustro da primeira planta a exposición ‘A pandemia de gripe de 1918’ organizada pola Biblioteca da Facultade, cunha breve explicación a cargo da directora da Biblioteca da USC, Mabela Casal.