Pasar al contenido principal

Homenaxe a Pegerto Saavedra

01.12.2022 | 12.00h

Santiago de Compostela
Paraninfo

A Facultade de Xeografía e Historia promove este acto de recoñecemento á traxectoria do profesor da USC con motivo da súa xubilación

A Facultade de Xeografía e Historia rende homenaxe á traxectoria de Pegerto Saavedra
A Facultade de Xeografía e Historia rende homenaxe á traxectoria de Pegerto Saavedra

O vindeiro xoves 1 de decembro, ás 12.00 horas, terá lugar no Paraninfo da USC, Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, unha homenaxe ao profesor Pegerto Saavedra co gaio da súa recente xubilación.

Pegerto Saavedra, catedrático emérito de Historia Moderna na Facultade de Xeografía e Historia da USC é autor dun sen número de capítulos de libros, artigos e libros sobre a historia de Galicia. Entre eles, cumpriría destacar Economía, Política y Sociedad de Galicia: la provincia de Mondoñedo, 1480-1830 (1985); A vida cotiá en Galicia de 1550 a 1850 (1992); A  Facenda real na Galicia do Antigo Réxime (1993); Das casas de morada ó monte comunal (1996); Señoríos y comunidades campesinas (2003) ou La opulencia de los hijos de san Bernardo. El Cister en Galicia, c. 1480-1835 (2021).

É membro da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega. Foi director do Departamento de Historia Medieval, Moderna y Contemporánea da USC (1990-2001), e Vicepresidente da FEHM (2002-2006). 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.11.2022.