Pasar al contenido principal

Os solos: orixe dos alimentos

Xornadas de celebración do Día Mundial do Solo 2022

02.12.2022 | 09.30h

Santiago de Compostela
Aula Magna

Organizado poals seccións de Bioloxía, Solos e Medio Ambiente e a Delegación en Galicia da SECS co apoio do CRETUS

Programa da xornada
Programa da xornada

Co gallo da celebración do Día Mundial do Solo,  a delegación en Galicia da Sociedade Española da Ciencia do Solo, presidida polo profesor de investigador de CRETUS Xosé Lois Otero organiza o venres 2 de decembro a xornada 'Os solos: orixe dos alimentos' na Aula Magna da Facultade de Bioloxía. 

O encontro inaugúrase ás 09.30 coa presentación do cómic 'Vivir no solo' en alemán e do marcapáxinas 'Un solo vivo'. 

A partir das 10 horas, Rocío Millán Gómez, do CIEMAT-CSIC, ofrecerá o relatorio 'Recuperar o solo para recuperar a vida', que irá seguida da conferencia de Andrián González-Guzmán, da Universidade de Córdoba sobre a 'Mellor da produtividade vexetal mediante a interacción de fungos entomopatóxenos-trigo-solo". Tras a pausa, Jesús Simal Gándar, da Universidade de Vigo, impartirá a conferencia 'Avanzando cara a un futuro alimentario sustentable', que dará paso á mesa redonda 'Os solos: orixe dos alimentos'.

O encontro rematará cunha xornada de portas abertas 'A investigación no Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC' 

O programa completo da xornada está dispoñible en liña e a asistencia é libre ata completar capacidade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.12.2022.