Pasar al contenido principal

Acto de entrega do Premio Humanitas

20.12.2022 | 12.00h

Santiago de Compostela

O Premio Humanitas, convocado polo Consello Social e Alumni-USC, ten por obxecto recoñecer actividades solidarias ou humanitarias que estean desenvolvendo persoas físicas ou xurídicas e está dotado con dous mil euros

Sede do Consello Social. Foto: Santi Alvite
Sede do Consello Social. Foto: Santi Alvite

O xurado do Premio Humanitas, que convocan conxuntamente o Consello Social e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni-USC), outorgará o martes 20 de decembro o galardón correspondente á  convocatoria de 2022. A cerimonia de entrega comezará ás 12 horas na Casa da Concha. 

O Premio Humanitas ten por obxecto recoñecer actividades solidarias ou humanitarias que estean desenvolvendo persoas físicas ou xurídicas e está dotado con dous mil euros.

O xurado, presidido polo reitor da USC elixe a persoa ou entidade premiada dentro das candidaturas presentadas polos membros da comunidade universitaria, do Consello Social e de Alumni-USC.

Esta acción enmárcase dentro do compromiso do Consello Social da USC de achegar a realidade social á universidade ao mesmo tempo que colabora con Alumni-USC, co obxectivo de axudar a crear unha rede forte de antigos alumnos que favoreza o desenvolvemento do orgullo de pertenza á USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.12.2022.