As sesións de traballo promovidas pola Fundación Rof Codina desenvolveranse o venres 16, a partir das 10.00 horas, no lugués Pazo de Montenegro

A Asociación de Hospitais Veterinarios Universitarios de España celebrará o vindeiro venres 16 de decembro, a partir das 10.00 horas, no lugués Pazo de Montenegro, unha xornada de traballo convocada a iniciativa da Fundación Rof Codina, cuxo centro hospitalario tamén está adherido a esta asociación nacional que non se reúne desde hai catro anos.
O reitor da USC, Antonio López Díaz, abrirá esta sesión, no marco dun acto no que tamén intervirán o secretario Xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; a alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez; e o presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Tomé.