Pasar al contenido principal

Imposición das Insignias Fonseca 2022

22.12.2022 | 12.00h

Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia
Santiago de Compostela

O reitor Antonio López imporá esta distinción a traballadoras e traballadores con máis de 30 anos de servizo á USC

Imaxe de arquivo de imposición das Insignias Fonseca en 2018. Foto: Santi Alvite
Imaxe de arquivo de imposición das Insignias Fonseca en 2018. Foto: Santi Alvite

Coas Insignias Fonseca, a Universidade de Santiago de Compostela distingue a traxectoria de traballadoras e traballadores que prestaron servizos na institución durante máis de trinta anos.

A imposición da insignias de 2022 farase nun acto público presidido polo reitor que se desenvolverá o xoves 22 de decembro a partir das 12.00 horas no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia. 313 integrantes do cadro de persoal recibirán as distincións correspondentes aos cursos 2019-2020, 2020-2021 e 2021-2022.

As confirmacións de asistencia deben ser remitidas ata o 19 de decembro ao enderezo reitor.secretaria [at] usc.gal (reitor[dot]secretaria[at]usc[dot]gal)

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.12.2022.