Pasar al contenido principal

Revistas depredadoras: non te convertas na súa presa

20.12.2022 | 12.00h-13.30h

O CiMUS promove esta conferencia na que Cristina Candal aborda a liña central da súa tese de doutoramento: as malas condutas científicas

A investigadora Cristina Candal ofrece unha conferencia sobre revistas pseudo-científicas. FOTO: Santi Alvite
A investigadora Cristina Candal ofrece unha conferencia sobre revistas pseudo-científicas. FOTO: Santi Alvite

A investigadora de Epidemioloxía e Saúde Pública da USC Cristina Candal ofrece o martes día 20 de decembro a conferencia 'Revistas depredadoras: non te convertas na súa presa', un relatorio no que presentará as principais conclusións da súa tese doutoral sobre as publicacións pseudo-científicas que avalan artigo falsos.  

O fenómeno das revistas depredadoras ameaza a integridade da ciencia mediante a publicación na literatura científica de artigos de baixa calidade. As revistas depredadoras operan en todas as áreas de coñecemento, pero a investigación biomédica é a máis afectada. Por isto, é imprescindible que o persoal investigador coñeza que son, por que non é boa idea publicar nestas revistas e como evitalo. Na súa intervención, Candal afondará en como detectar este tipo de publicacións e prácticas e na maneira de fuxir delas, e apuntará algunhas recomendacións para preservar a integridade da ciencia. 

O relatorio arrancará ás 12 horas no salón de actos do CiMUS e os certificados de asistencia facilitaranse previa solicitude a cimus.xestion [at] usc.es (cimus[dot]xestion[at]usc[dot]es)

Bio 

Cristina Candal é enfermeira con cinco anos de experiencia asistencial, dous deles no estranxeiro. Cursou o Máster de Saúde Pública e actualmente é doutoranda en Epidemioloxía e Saúde Pública (USC) cunha bolsa predoutoral do Instituto de Saúde Carlos III. A súa liña de tese é o estudo da mala conduta científica. En relación con esta liña, conta con 6 artigos publicados e realizou estancias de investigación en Portugal e EE. UU. Como liña secundaria, estuda a epidemioloxía das enfermidades respiratorias. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.12.2022.