Pasar al contenido principal

Acto de clausura

Centenario de estudos en Química da USC

20.12.2022 | 13.00h-14.00h

Santiago de Compostela
Aula Magna

Acto de clausura do Centenario de Estudos en Química da USC
Acto de clausura do Centenario de Estudos en Química da USC

A Universidade de Santiago de Compostela cumpre este 2022 un século de estudos en Química e para conmemoralo desenvolveu ao longo de todo o ano un intenso programa de actos, con exposicións, conferencias, xornadas de portas abertas e actividades diversas para alumnado de educación secundaria e bacharelato, que agora chega ao seu fin.

O martes 20 de decembro o centro acollerá o acto de clausura do centenario nunha xornada que arrancará ás 13.00 horas e que  incluirá a inauguración dunha placa conmemorativa no vestíbulo da Facultade, e a presentación  na Aula Magna do  volume 'Cuestión de Química. Cien años de estudios de Química en la Universidad de Santiago de Compostela 1922 -2022'. 

A xornada estará presidida polo reitor Antonio López, e contará coas intervencións do decano-presidente do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, Manuel Rodríguez Menéndez, da coordinadora dos actos do centenario, Pilar Bermejo Barreira, do actual decano da Facultade, Jesús Sanmartín Matalobos, e da secretaria académica do centro, Mª Carmen Barciela Alonso.

Asistirán tamén as decanas e decanos das Facultades de Bioloxía, Física e Matemáticas da USC, a decana da Facultade de Química da Universidade de Vigo, a vicedecana de Calidade da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña e os ex-reitores de ambas as entidades, José Antonio Rodríguez Vázquez e Xosé Luis Ventura Armesto Barbeito, alén de integrantes do PDI, o PAS e o alumnado do centro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.12.2022.