Pasar al contenido principal

Inauguración

Exposición do 'III Concurso de Fotografía da Natureza: Insectos'

22.12.2022 | 18.00h

Sala da biodiversidade. Museo de Historia Natural

O acto está organizado pola Asociación de Amigos do MHN

O primeiro premio de fotografía, de 300 euros, foi para Guadalupe Rodríguez Vázquez polo seu traballo titulado ‘Amor entre pétalos’
O primeiro premio de fotografía, de 300 euros, foi para Guadalupe Rodríguez Vázquez polo seu traballo titulado ‘Amor entre pétalos’

A inauguración da exposición fotográfica do 'III Concurso de Fotografía da Natureza: Insectos' terá lugar este xoves 22, ás 18.00 horas, na sala da biodiversidade do Museo de Historia Natural (MHN), cunha selección de 22 fotografías e as tres gañadoras do certame. No mesmo acto, tamén se entregarán os premios do propio concurso e do certame de adornos de Nadal reciclados, 'Nadal con sentidiño'. O acto está organizado pola Asociación de Amigos do MHN.

O primeiro premio de fotografía, de 300 euros, foi para Guadalupe Rodríguez Vázquez polo seu traballo titulado ‘Amor entre pétalos’; o segundo, de 200 euros, para José Otero Neo, pola fotografía ‘Outras cores do outono’; e o terceiro, de 100 euros, para Javier Cabana Soengas por ‘Cruce de camiños’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.12.2022.